Calendario de días inhabiles


A Administración Xeral do Estado fixa anualmente, segundo establece a lei, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos. Este calendario publícase antes do comezo de cada ano no «Boletín Oficial do Estado» e noutros medios de difusión que garanten o seu coñecemento polos cidadáns.

A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse no Rexistro electrónico desta organización durante as vinte e catro horas de todos os días do ano. Para os efectos do cómputo de prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refire a cumprimento de prazos polos interesados, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en día inhábil.

Este servizo poderá interromperse polo tempo imprescindible só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo. A interrupción anunciarase nesta Sede coa antelación que, en cada caso, resulte posible.

Festividade Data
Aninovo 01.01.2024
Epifanía do Señor (Día de Reis) 06.01.2024
Xoves Santo 28.03.2024
Venres Santo 29.03.2024
Festa do Traballo 01.05.2024
A Ascensión (Festivo local) 09/05/2024
Día das Letras Galegas 17.05.2024
San Xoán (Festivo local) 24/06/2024
Día Nacional de Galicia 25.07.2024
Asunción da Virxe 15.08.2024
Festa Nacional de España 12.10.2024
Todos os Santos 01.11.2024
Día da Constitución Española 06.12.2024
Natividade do Señor 25.12.2024