Calendario de días inhabiles
A Administración Xeral do Estado fixa anualmente, segundo establece a lei, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos. Este calendario publícase antes do comezo de cada ano no «Boletín Oficial do Estado» e noutros medios de difusión que garanten o seu coñecemento polos cidadáns.
A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse no Rexistro electrónico desta organización durante as vinte e catro horas de todos os días do ano. Para os efectos do cómputo de prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refire a cumprimento de prazos polos interesados, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en día inhábil.
Este servizo poderá interromperse polo tempo imprescindible só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo. A interrupción anunciarase nesta Sede coa antelación que, en cada caso, resulte posible.
Festividade | Data | |
---|---|---|
Epifanía do Señor (Día de Reis) | 06.01.2023 | |
Xoves Santo | 06.04.2023 | |
Venres Santo | 07.04.2023 | |
Luns de Pascua (festivo local) | 10.04.2023 | |
Festa do Traballo | 01.05.2023 | |
Día das Letras Galegas | 17.05.2023 | |
Día da Ascensión (festivo local) | 18.05.2023 | |
Día Nacional de Galicia | 25.07.2023 | |
Asunción da Virxe | 15.08.2023 | |
Festa Nacional de España | 12.10.2023 | |
Todos os Santos | 01.11.2023 | |
Día da Constitución Española | 06.12.2023 | |
Inmaculada Concepción | 08.12.2023 | |
Natividade do Señor | 25.12.2023 |