Normativa reguladora


A aplicación da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, está regulada no Regulamento de Administración Electrónica do Concello de Ames.

Creación e regulación da Sede electrónica

No Art. 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, e no Título II Capítulo II do Regulamento de Administración Electrónica do Concello de Ames reflíctese a creación e regulación da Sede electrónica da esta organización.

Creación e regulación do Rexistro Electrónico

No Título II Capítulo I do Regulamento de Administración Electrónica do Concello reflíctese a creación e regulación do Rexistro Electrónico desta organización.

Lexislación aplicable

Regulamento da Administración Electrónica do Concello de Ames

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica.

Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidad no Ámbito da Administración Electrónica.

Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica.

Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público.