Protección de datos - Política de privacidade


Quen somos?

Concello de Ames

  • Dirección postal: Praza do Concello, 2 15220 Bertamiráns (Ames)
  • Datos de contacto: atencioncidada@concellodeames.gal / 981 883 002
  • O contacto coa delegada de protección de datos é a través do correo electrónico: dpd@concellodeames.gal

Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?

  • Finalidade: Trámites Sede electrónica
  • info: Os datos que se faciliten trataranse para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación co cidadán/interesado e xestionar a prestación dos servizos demandados e/ou prestados polo Concello
  • Datos tratados: Os que se requiran no formulario habilitado para a xestión do trámite
  • Lexitimación: Dependendo do trámite, a base xurídica que lexitima o tratamento pode ser diversa: o consentimento do interesado, o cumprimento dunha obrigación legal, o cumprimento polo Concello dunha misión realizada en interese público ou en exercicio de poderes públicos, a protección de intereses vitais ou a execución dun contrato. En cada trámite virá especificada a base legitimadora do tratamento.

Canto tempo conservaremos os teus datos?

O período de conservación dos datos persoais facilitados dependerá das finalidades para as que os tratemos. Neste caso, como a finalidade é a tramitación na sede electrónica, conservaranos mentres se manteña a condición de cidadá/ou de Ames e a persoa interesada non solicite a súa supresión e mentres exista unha obrigación legal.

En calquera caso, poderemos conservar os seus datos persoais, debidamente bloqueados, para a atención de reclamacións xudiciais, administrativas ou fiscais, polos prazos que legalmente determine cada normativa que resulte de aplicación.

Con quen compartiremos os seus datos?

Os seus datos persoais non serán comunicados a terceiros fóra daqueles prestadores de servizos necesarias para cumprir con algunha das finalidades.

Que dereitos tes en materia de protección de datos?

O Concello de Ames garante a máxima confidencialidade dos seus datos persoais, e ademais, garánteche o exercicio dos teus dereitos a través das direccións de correo electrónico atencioncidada@concellodeames.gal e dpd@concellodeames.gal Estes dereitos son:

  • Solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado.
  • Solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Oporse ao tratamento.
  • Solicitar a portabilidade dos datos.
  • Rexeitar decisións individuais automatizadas.
  • No seu caso, revogar o seu consentimento outorgado.

Para exercer calquera dos dereitos descritos, poderiamos solicitarlle copia dun documento acreditativo da súa identidade.

Ademais, informámoslle que poden dirixir as súas reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Cambios na política de privacidade

O Concello de Ames resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou jurisprudenciales, así como a prácticas da industria. Nos estes supostos, comunicaremos os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica.