SOPORTE TELEFÓNICO Ao CIDADÁN

O Concello de Ames pon ao servizo do cidadán dous números de teléfono para liquidar dúbidas referentes aos trámites da Sede electrónica:

Teléfono de atención cidadá 981 883 002

Horario de 8:00h a 15:00h.

É o servizo de atención ao dispor dos cidadáns para solicitar información sobre os trámites dos distintos servizos municipais. Neste teléfono os cidadáns pódense informar os trámites, formularios, taxas asociadas, etc. A través del pódese acceder á unidade tramitadora ou departamento responsable do trámite.

Teléfono de atención técnica da Sede electrónica 981 883 002

Horario de 9:00h 13:00h.

É un servizo de atención que o Concello pon á disposición dos cidadáns para resolver incidencias relacionadas coa Sede electrónica. Neste teléfono os cidadáns poden resolver problemas de acceso á Sede e firma electrónica, dúbidas sobre tipos de certificados dixitais, modo de presentación de documentos e solicitudes a través da Sede electrónica, etc.

E-mail

A Sede electrónica do Concello de Ames tamén ofrece soporte aos seus usuarios solicitando información na dirección de correo electrónico atencioncidada@concellodeames.gal

Preguntas frecuentes

Neste apartado o usuario atopará respostas ás preguntas máis frecuentes.