Solicitude de aprazamento ou fraccionamiento de débedas
Solicitude de aprazamento ou fraccionamiento de débedasAPRAZAMENTOS E FRACCIONAMENTOS DE DÉBEDA:
Calquera persoa que pola súa situación económica-financeira non poida transitoriamente efectuar efectuar o pago das débedas coa Administración Municipal, poderá solicitar o fraccionamento ou aprazamento das débedas tributarias e doutros ingresos de dereito público que se atopen en período voluntario ou executivo de ingresos, de conformidade co establecido nos artigos 44 a 54 do Regulamento Xeral de Recadación, e artigos 24 a 31 da Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do Concello de Ames.
Non será preciso acreditar a insuficiencia transitoria que impida o pago das débedas para contías que non excedan os 3.000 €.
PRAZOS MÁXIMOS DE APRAZAMENTO OU FRACCIONAMENTOS:
Importe da débeda xestionada polo concello Prazos
Débedas de 100,00 € a 300,00 € 6 meses
Débedas de 300,01 € a 900,00 € 9 meses
Débedas de 900,01 € a 1.500,00 € 12 meses
Débedas de 1.500,01 € a 3.000,00 € 15 meses
Débedas de 3.001,00 € a 4.500,00 € 18 meses
Débedas por importe superior a 4.500,00€ 21 meses
DOCUMENTACIÓN:
- Formulario de solicitude debidamente cumprimentado.
- Compromiso irrevogable da achega de garantía (todos os casos de débedas ≥ a 6.000 €, nos que non existe dispensa automática).
- Acreditación da titularidade da conta. Se esta non pertence ao obrigado ao pago, asinará a autorización, e achegarase copia do seu NIF.
- Relación detallada da débeda.
- Cando o solicitante sexa un sucesor por falecemento do debedor, acreditarase o falecemento e a súa condición de sucesor.
- Documentación xustificativa de dificultades económico financeiras de conformidade co establecido no artigo 27 da Ordenanza fiscal xeral de de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do Concello de Ames (BOP número 67, do 08.05.2020, para débedas de importe superior a 3.000 €.