Instancia Xeral (non necesita sinatura electrónica)
Instancia Xeral que permite aos interesados presentar todo tipo de instancias que non teñan habilitado un formulario específico.O artigo 11 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, establece o seguinte:
Artigo 11. Uso de medios de identificación e sinatura no procedemento administrativo.
1. Con carácter xeral, para realizar calquera actuación prevista no procedemento administrativo, será suficiente con que os interesados acrediten previamente a súa identidade a través de calquera dos medios de identificación previstos nesta Lei.
2. As Administracións Públicas só requerirán aos interesados o uso obrigatorio de sinatura para:
a) Formular solicitudes.
b) Presentar declaracións responsables ou comunicacións.
c) Interpoñer recursos.
d) Desistir de accións.
e) Renunciar a dereitos.