Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade
Comunicación previa de inicio ou modificación de actividadePARA QUE (FINALIDADE):
A Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta á Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.
Deberá especificar se non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Calquera persoa física que desexe comunicar a apertura dun establecemento ou a posta en marcha dunhas instalacións con destino a calquera uso distinto do de vivenda.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende a páxina web municipal ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
• CIF da empresa e escrituras que acrediten ó solicitante como representante da entidade ante a administración (no caso de persoa xurídica).
• Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa, asinada por técnico competente, do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade e de que o local e instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e demais previstas no planeamento urbanístico.
• Xustificante de pago de taxas municipais correspondentes coa Ordenanza fiscal reguladora da taxa de apertura de establecementos.
• Declaración responsable de que a actividade a desenvolver non superará o nivel sonoro de 75 Db ou certificación de empresa homologada ou entidade de control, no caso de ser necesaria.
No caso de traspaso:
• Alta da actividade no censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores.
• Autorización e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
• Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.
• Copia do IAE.
NORMATIVA APLICABLE:
• Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola licenza de apertura de establecementos.
• Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
• Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
MÁIS INFORMACIÓN:
• Nome: Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade.
• Unidade tramitadora: Urbanismo.
• Inicio do procedemento: A instancia de parte.
• Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
• Órgano de resolución: Alcaldía.
• Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
• Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: |
Os seus datos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento polo Concello de Ames coa finalidade de tramitar a súa solicitude ou comunicación; verificar os datos achegados e emitir e notificar a resolución do procedemento. A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha obriga legal fundamentada na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Os datos poderán ser comunicados á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación e supresión de sus datos, ou opoñerse ao tratamento, mediante solicitude por escrito presentada no rexistro municipal do Concello ou por calquera outro rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e na que especificará cal destes solicita sexa satisfeito. Máis información en https://www.concellodeames.gal/gl/atencion-cidada/proteccion-datos-persoais |