COMO RESERVAR CITA?
RECOMENDÃMOSLLE QUE ANTES DE SOLICITAR CITA PREVIA REVISE A LISTA DE TRÃMITES ON-LINE NA SEDE ELECTRÓNICA PARA TRATAR DE FACER A SÚA XESTIÓN TELEMATICAMENTE, EVITANDO DESPRAZAMENTOS.
Instrucións:
-Seleccionar a área para a que quere solicitar a cita.
-Seleccionar o dÃa para reservar e pulsar "Ver dispoñibilidade".
-Aparecerán os horarios dispoñibles. Elixir o horario libre que se desexe reservar e marcar "Reservar seleccionadas".
-Cubrir os datos solicitados, nome e apelidos, correo electrónico, número de teléfono móbil de contacto e motivo para o que se solicita a cita, incluÃndo datos detallados, segundo o tipo de cita. Esta información é indispensable para un correcto funcionamento do servizo.
-Finalizado o trámite, o sistema enviará un e-mail á conta de correo indicada, confirmando a reserva realizada. No caso de non necesitar a cita reservada, poderá anulala para o uso doutra persoa, mandando un e-mail ao correo electrónico do servizo.
PARA O ACCESO AOS EDIFICIOS MUNICIPAIS É IMPRESCINDIBLE RESPECTAR AS NORMAS DE SEGURIDADE ESTABLECIDAS POLO CONCELLO DE AMES.