Aprobación inicial suplemento de crédito 1/2024
O Pleno do Concello de Ames en sesión ordinaria celebrada o día 6 de novembro de 2024 acordou a aprobación inicial do expediente de suplemento de crédito 1/2024 por importe de 1.020.373,59 euros.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido o dito prazo, non se presentaran alegacións, considerarase aprobado definitivamente o suplemento de crédito.