APROBACION INICIAL DA TRANSFERENCIA DE CRÉDITO 6/2025
Identificador
1671528
Descripcion
APROBACION INICIAL DA TRANSFERENCIA DE CRÉDITO 6/2025
Contenido
Aprobación inicial da transferencia de crédito 6/2025
O Pleno do Concello de Ames en sesión ordinaria celebrada o día 11 de setembro de 2025 acordou a aprobación inicial do expediente de transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto por importe de 150.247,16 euros.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido o dito prazo, non se presentaran alegacións, considerarase aprobada definitivamente.