Comunicación previa de obra
Comunicación previa de obraPARA QUE (FINALIDADE):
Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Quen promova actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución. Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello. (Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende a páxina web municipal ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
• Comunicación previa de obra.
• Declaración responsable.
• No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
• Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica. No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
• Orzamento detallado.
• Fotografías de estado actual (previo á realización da obra) en caso de obras de reparación.
• Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
• Xustificante de pago dos tributos municipais.
NORMATIVA APLICABLE:
• Plan Xeral de Ordenación Municipal.
• Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
• Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas.
• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
• Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
• Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
MÁIS INFORMACIÓN:
• Nome: Comunicación previa de obra.
• Unidade tramitadora: Urbanismo.
• Inicio do procedemento: A instancia de parte.
• Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
• Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
• Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: |
Os seus datos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento polo Concello de Ames coa finalidade de tramitar a súa solicitude ou comunicación; verificar os datos achegados e emitir e notificar a resolución do procedemento. A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha obriga legal fundamentada na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Os datos poderán ser comunicados á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación e supresión de sus datos, ou opoñerse ao tratamento, mediante solicitude por escrito presentada no rexistro municipal do Concello ou por calquera outro rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e na que especificará cal destes solicita sexa satisfeito. Máis información en https://www.concellodeames.gal/gl/atencion-cidada/proteccion-datos-persoais |